Cargando resultados...
Evacúan unha familia con síntomas de intoxicación en Malpica de Bergantiños
Evacúan unha familia con síntomas de intoxicación en Malpica de Bergantiños
Os bombeiros tiveron que forzar a porta da vivenda na que había dous adultos e dous menores en perigo
G24.gal
09/12/2023 10:06
Última actualización 09/12/2023 13:54
Dous adultos e dous menores foron evacuados este sábado con síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono. Ocorreu ás seis da mañá nun domicilio en Malpica de Bergantiños.
Segundo informa o 112, unha das persoas afectadas contactou cun familiar para alertar da situación e solicitar asistencia sanitaria. Os bombeiros de Bergantiños tiveron que forzar a porta da vivenda para poder entrar.
Os catro membros da familia presentaban un cadro médico compatible cunha intoxicación por monóxido de carbono, polo que foron trasladados ao hospital universitario da Coruña e ao maternoinfantil Teresa Herrera.