Falece Senén Pousa, o exalcalde franquista que gobernou Beade durante medio século

Tras décadas á fronte do Concello, no pasado mes de maio perdeu ás eleccións ás que concorreu como cabeza de lista da Agrupación de Electores por Beade

G24.gal 02/11/2023 11:48

Senén Pousa, quen foi alcalde de Beade  desde 1974 ata este 2023, cando perdeu o bastón de mando nos comicios do pasado maio, faleceu este xoves aos 84 anos de idade.

Fontes municipais confirmaron o falecemento do dirixente, que foi o último alcalde que quedaba desde a etapa franquista, réxime co que simpatizaba. O retrato do ditador presidía o seu despacho na alcaldía e cada 20 de novembro encabezaba unha misa funeral na igrexa da vila.

Pousa gobernou en Beade ata o pasado maio cando concorreu aos comicios por unha candidatura independente, Agrupación de Electores por Beade, despois de décadas presentándose baixo as siglas do PP, partido actualmente á fronte do concello, onde é alcalde Fernando Taboada.

O exrexedor será enterrado ás 16:00 horas deste venres na Igrexa de Santa María de Beade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade