Cargando resultados...
Galicia e o norte de Portugal únense para impulsar a industria eólica mariña
Galicia e o norte de Portugal únense para impulsar a industria eólica mariña
O obxectivo do proxecto é que a Eurorrexión sexa líder na fabricación desta tecnoloxía
É grande oportunidade tamén para o crecemento do emprego nesta industria
G24.gal
10/11/2023 14:38
A industria do metal galega traballa no impulso dun polo eólico mariño de referencia para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A través do proxecto Aowinde trazarán unha folla de ruta común para acelerar o desenvolvemento desta industria en ambos países.
O proxecto porá en marcha actuacións para a modernización desta industria e plans de formación especializados.
A potenciación das empresas do sector na fabricación de pezas e tecnoloxía suporá a creación de novos postos de traballo que nunha década poderían acadar os oito mil en Galicia.