Impacto ambiental favorable para a fábrica de pneumáticos das Pontes

Ao proxecto da chinesa Sentury Tire só lle queda a autorización administrativa e a de construción

A planta terá unha capacidade de produción de 12 millóns de pneumáticos ao ano

G24.gal 26/10/2023 20:37 Última actualización 26/10/2023 20:58

O proxecto da fábrica de pneumáticos Sentury Tire nas Pontes dá un paso máis. O grupo chinés que vai construír a factoría acaba de obter da Consellería de Medio Ambiente a declaración de impacto ambiental favorable.

Tras este trámite, só lle queda a autorización administrativa e de construción para botar a andar a fábrica na parroquia de Espiñaredo. A planta terá unha capacidade de produción de 12 millóns de pneumáticos ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade