Inquedanza entre os veciños de Vigo por un narcopiso

Os veciños aseguran estar a vivir un calvario, con temoridade de que ocorra unha desgraza maior

As denuncias á policía e ao Concello non son suficientes para desaloxar o edificio ocupado

G24.gal 07/11/2023 15:35

Un narcopiso na rúa Pizarro, xusto ao carón da gardería da Cidade da Xustiza, provoca preocupación e inquedanza entre os veciños de Vigo. A Asociación de comerciantes da contorna do antigo hospital Xeral leva tempo denunciando a situación deste inmoble abandonado e ocupado ilegalmente.

A veciñanza está farta dos roubos e ameazas que sofren por parte dos usuarios do edificio, ademais da venda de drogas que se produce ás portas dos xulgados da cidade viguesa. Explican que na zona hai pelexas e conflitos constantes, mesmo co emprego de armas brancas.

A presidenta da Asociación de comerciantes da contorna do Hospital Xeral, Rosa Vello, comenta que os comercios e centros escolares que se concentran na contorna da Cidade da Xustiza "pagan as consecuencias polo aumento da delincuencia na zona."

Pola súa banda, os propietarios do inmoble non asumen o seu cargo, e malia as repetidas denuncias ante a policía e o Concello, os veciños non conseguen desaloxar este narcopiso para acabar dunha vez coa crecente violencia no barrio. Aseguran que están vivindo un auténtico calvario, temendo que suceda unha desgraza en calquera momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar