Medio Rural pídelle ao ministerio que coordine a resposta á enfermidade hemorráxica epizoótica

O Consello Agrario Galego creará un grupo de traballo para anticipar as consecuencias das novas enfermidades animais

G24.gal 14/11/2023 13:51

O Consello Agrario Galego creará un grupo de traballo cun sistema de alertas para anticipar as enfermidades emerxentes que afectan ao sector primario.

O conselleiro do Medio Rural esíxelle ao Goberno central unha estratexia conxunta para combater a enfermidade hemorráxica epizoótica, con focos en toda España. González di que a Xunta xa ten un protocolo de actuación, pero pide que se actualicen os seguros agrarios e que Agricultura coordine a investigación dunha vacina. 

"A clave é que o ministerio asuma as súas competencias nas enfermidades emerxentes, é necesaria unha coordinación e que contemos canto antes cun grupo de expertos que determine cal é a vacina contra a EHE, como xa fixo Galicia no caso da lingua azul", asegurou o conselleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade