Minuto de silencio para condenar o asasinato machista de Sigüeiro
Minuto de silencio para condenar o asasinato machista de Sigüeiro
Un home de 88 anos acoitelou a súa dona de 80 e logo suicidouse
Nun clima de consternación e conmoción máximos, o concello de Oroso gardaba ao mediodía un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista acontecido este venres en Sigüeiro.
Membros da corporación municipal, acompañados por unha representación numerosa da veciñanza, asistiron ao acto diante do edificio consistorial.
A Garda Civil investiga as circunstancias do crime, acontecido no interior da vivenda familiar. Todo apunta a que o agresor, de 88 anos, acoitelou a súa dona, de 80 e con problemas de mobilidade, para rematar suicidándose.
Un familiar do matrimonio alertou os servizos de emerxencia que toparon os corpos no domicilio da parella. Segundo confirmou o alcalde da localidade, nos Servizos Sociais do Concello non constaba ningunha solicitude de axuda por parte da parella.
No que vai de ano morreron asasinadas por violencia machista en Galicia tres mulleres.