No pequeno comercio hai quen se suma ao Black Friday "porque non queda outra"
No pequeno comercio hai quen se suma ao Black Friday "porque non queda outra"
No sector do téxtil e os complementos consideran que lles rompe a campaña de outono
Na maioría das tendas os descontos van desde o dez ata o trinta por cento
As promocións asociadas ao venres negro esténdense cada vez a máis sectores do mercado, aínda que no pequeno comercio algúns senten que é unha estratexia inoportuna na que participan porque non lles queda outra.
Os descontos nas tendas oscilan na maioría dos casos entre o dez e o trinta por cento, aínda que hai que amplía esta marxe nalgúns artigos para poder poñer o reclamo de porcentaxes de "ata" o 40 ou o 50 %.
Cada ano vai a máis a duración da promoción. O que empezou sendo un día, agora xa é máis ben unha black week ou mesmo un black november. Os comerciantes xa o consideran máis ben un adianto da campaña de Nadal.