O Proxecto Xenoma Galicia botará a andar o próximo ano

 

O Sergas última a loxística necesaria para recoller as mostras de ADN  de 400.000 galegos que van participar no Proxecto Xenoma Galicia

 

G24.gal 28/10/2023 21:35

Catrocentos mil galegos recibirán unha invitación para participar de forma voluntaria cunha mostra do seu ADN no Proxecto Xenoma o ano próximo.

"Nos pretendemos inicialo no 2024 . Estamos axustando algúns aspectos da loxística da toma de  mostras, que queremos que sexa moi sinxelo e moi informado para que ningún galego, ningunha galega teña dúbidas. Preferimos dar información de máis para que libremente escollan participar", di o conselleiro Julio García Comesaña

 

O obxectivo deste estudo é poder adiantarse a aparición de enfermidades en persoas que teñen predisposición xenética a padecer determinadas doenzas.
 

"No caso do colesterol alto de orixe familiar, imos poder detectar que pacientes teñen esa mutación e o máis importante é que vamos poder actuar sobre ela e corrixila. Estamos, polo tanto, falando de evitar infartos non desexados. Pasa tamén no cancro de mamá que hai por exemplo, uns indicadores como son o BRCA1 e o BRAC2. Naquelas pacientes que se identifican podemos adiantar a idade de cribado".

Pero contar cun banco de ADN tan amplo pode permitir  tamén detectar patróns específicos na poboación galega.

"Incluso podemos pensar en deseñar fármacos específicos para esa situación e mesmo facelos en Galicia se fora o caso", sinala García Comesaña.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade