O sistema de pagos dixitais xa está operativo despois de sufrir unha caída de dúas horas

Durante horas non funcionaron as tarxetas VISA e Mastercard para pagos en comercios nin nos caixeiros

Víronse afectadas varias entidades bancarias, entre elas Caixa Bank e o BBVA

G24.gal 18/11/2023 16:01

Durante unha hora os sistemas de pago bancarios da plataforma Redsys víronse interrompidos por unha incidencia no seu sistema informático, o que dificultou as compras de moitos usuarios en boa parte de España. 

Durante horas non funcionaron as tarxetas VISA e Mastercard e tampouco estivo operativo o sistema de pago Bizum nin practicamente ningún outro dixital. A caída do sistema comezou arredor da unha da tarde e afectoulles a caxeiros, datáfonos e pagos en comercios.

Algunhas entidades financeiras informaron a clientela do problema e os usuarios amosaban en redes sociais os problemas que estaba a causar a avaría á hora de procesar os pagamentos.

Redsys publicou ás tres da tarde que estaba resolto o problema e as transaccións xa se realizan con normalidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade