Sol, polo menos durante un par de días
Sol, polo menos durante un par de días
Fin de semana seca e solleira e con temperaturas agradables para un mes de novembro
"Moi contenta, moi contenta do tempo que está facendo, para ser novembro".
"A temperatura está fenomenal".
"Con moitas ganas de ver o sol e quentarnos un pouquiño", comentan na rúa.
Por fin librámonos por uns días da choiva.
"Por fin o deixamos porque á parte non era choiva só, era vento, era desagradable de estar, si", apunta un rapaz.
E por uns días poderemos deixar atrás o paraugas.
"Si, de feito eu levaba varios días que non me separaba del, dende onte que por fin puiden deixalo na casa, si", fala outro.
Levabamos con el ás costas dende o 13 de outubro.
"Por fin chegou este anticiclón, hoxe déixanos como agasallo unha tarde solleira e ademais con moi boa temperatura, porque as borrascas non están lonxe, seguen inxectando aire bastante temperado para esta época do ano, co cal os valores van superar esta tarde os 20 graos en moitos puntos con pouco vento, así que unha xornada apracible e tranquila a que temos por diante", informa Juan Taboada, de Meteogalicia.
De todos os xeitos tampouco debemos gardar moito o paraugas.
"Igual nalgún punto do litoral da Coruña hai que abrilo, pero serían momentos excepcionais", continúa Taboada.
O luns a situación cambia. Os ventos viran a norte e van traer aire frío e húmido. Choverá con pouca intensidade, sobre todo na metade norte e mesmo poderá nevar na montaña de Lugo. Pero iso xa será para o martes, mentres tanto a aproveitar aínda que sexan só dous días.
"Ben, imos gozar o que se poida".
"Si, si, si, por fin".
Mágoa que non todo o mundo vai poder.
"Estudar, hai que estudar, si, lamentablemente".