Sucédense os minutos de silencio en repulsa polo crime de Oroso, coa terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia deste ano
Sucédense os minutos de silencio en repulsa polo crime de Oroso, coa terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia deste ano
O crime de Oroso suma a terceira vítima mortal da violencia de xénero en Galicia no que levamos de ano
Sucédense os minutos de silencio en varias administracións galegas en repulsa pola violencia machista
O 016 é o teléfono contra o maltrato. Non deixa rastro na factura pero queda rexistrado na lista de chamadas feitas co teléfono móbil
Repítense os minutos de silencio en repulsa polo que é o terceiro crime machista en Galicia nos últimos doce meses. O asasinato da muller de oitenta anos en Oroso a mans do seu home de oitenta e oito suma a vítima número cincuenta e cinco da violencia machista en España deste 2023.
Minuto de silencio no Parlamento de Galicia
Na sede da Xunta, no Parlamento de Galicia, na Delegación do Goberno e no Concello de Santiago houbo silencio e consternación para rexeitar a violencia de xénero.
Os investigadores confirman que non houbo terceiras persoas. O home acoitelou a súa muller, que tiña párkinson. Acabou coa súa vida. Logo, suicidouse. Os seus corpos foron atopados pola nora dos octoxenarios. Estaban na casa, no terceiro piso deste inmoble de Sigüeiro.
Nos últimos vinte anos, mil duascentas trinta e sete mulleres foron asasinadas en España a mans das súas parellas ou exparellas. O 016 é o teléfono contra o maltrato. É un número gratuíto que non queda rexistrado na factura pero si na lista de chamadas efectuadas no móbil.