Tebas dimite, pero presentarase ás próximas eleccións para presidir LaLiga

O seu mandato concluía o 26 de decembro, polo que abre agora o proceso electoral

Javier Tebas (EFE/Arquivo/Javier Lizón) Javier Tebas (EFE/Arquivo/Javier Lizón)
G24.gal 22/11/2023 14:22

Javier Tebas presentou este mércores a súa dimisión como presidente de LaLiga, cuxo mandato concluía o 26 de decembro, e convocaranse eleccións ao cargo, abríndose un proceso electoral ao que se presentará.

Nunha nota informativa, LaLiga, ademais de anunciar a dimisión de Javier Tebas e a apertura do proceso electoral, indica que "de conformidade coas previsións estatutarias e regulamentarias, procederase no día de hoxe, á celebración do sorteo para a designación dos membros da Comisión Electoral que unha vez constituída será a encargada de convocar as eleccións". 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade