Tres persoas intoxicadas pola mala combustión dunha caldeira en Monterroso
Tres persoas intoxicadas pola mala combustión dunha caldeira en Monterroso
Trátase dunha nai e as súas fillas menores de idade
Foron ingresadas no HULA pola inhalación de monóxido de carbono
Os bombeiros de Chantada e Protección Civil de Monterroso tiveron que intervir para auxiliar unha nai e as súas dúas fillas menores de idade que se intoxicaron pola mala combustión dunha caldeira de gas neste edificio da vila. O suceso produciuse de madrugada e obrigou a poñer en alerta o resto de veciños, que tiveron que saír das súas casas.
Tanto a nai como as dúas fillas foron rescatadas plenamente conscientes e trasladadas nun primeiro momento ata o PAC de Palas de Rei. Pero, pola gravidade da intoxicación, que lles provocou vómitos, tiveron que ser ingresadas no Hospital Lucus Augusti, onde permanecen arestora aínda que xa fóra de perigo.
Operarios dos servizos técnicos xa están a revisar todas as caldeiras do edificio para evitar que se produzan novas intoxicacións.