Un home esgana en Madrid diante dos fillos a muller, que queda en estado grave

O persoal médico conseguiu reanimala tras entrar en parada cardiorrespiratoria 

O agresor, de 42 anos, foi detido logo de alertar os servizos de emerxencia

Unha ambulancia no lugar dos feitos
G24.gal 26/11/2023 09:36 Última actualización 26/11/2023 15:17

Novo caso de violencia machista xusto no día internacional para a eliminación desta eiva. Un home de 42 anos tentou matar a súa muller este sábado no distrito madrileño de Puente de Vallecas, en presenza dos dous fillos da parella.

O suposto agresor esganou a muller, de 37, no domicilio familiar e logo alertou os servizos de emerxencia dicindo que acababa de matala. Cando chegaron, estrara en parada cardiorrespiratoria. Tras conseguiren reanimala, foi trasladada ao hospital, onde permanece en estado grave.

Fontes policiais indicaron que o home foi detido e os nenos, que se atopan en bo estado, quedaron a cargo dun familiar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade