A plataforma Redsys volve fallar e causa incidencias en TPV, transferencias ou Bizum

Sucedeu o sábado e repetiuse onte pola noite

Os fallos na conexión debéronse a problemas técnicos internos da pasarela de pagamentos

Os fallos nos pagamentos non afectaron todos os bancos por igual
G24.gal 24/11/2023 14:17

Milleiros de persoas en todo o país se viron afectadas pola nova caída da plataforma Redsys, coa que operan a maioría dos bancos en España. Sucedeu o sábado e tamén onte pola tarde, xusto ás portas do Black Friday.

Moitos usuarios pensaron nun ciberataque ou que era un problema de sobrecarga do sistema.

Segundo informaron fontes financeiras, a nova caída de Redsys debeuse a un problema técnico interno e afectou os pagos con tarxeta, transferencias bancarias e tamén Bizum.

Os fallos do sistema provocaron desconcerto, do que se fixeron eco as redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade