Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Foliada da Fonsagrada consolídase como encontro 'tradi'

A Foliada da Fonsagrada consolídase como encontro 'tradi'

É a sétima edición deste encontro dedicado ao baile e á música tradicional

Actuarán De Ninghures, Comando Curuxás ou PanSenFron

Haberá obradoiros de baile, butelada popular e rutas pola montaña

G24.gal 07/12/2022 13:30 Última actualización 07/12/2022 22:38

A Fonsagrada acolle os días 8, 9 e 10 de decembro a sétima edición da Foliada da Fonsagrada, un encontro anual dedicado á música e ao baile tradicional. Un evento creado en 2015 pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo no que haberá concertos dos grupos De Ninghures, Comando Curuxás, a Banda das Crechas, Ailá, Algaire e Clo Plas. Tamén se impartirán obradoiros de baile a cargo de Artur Puga, Martín Mondragón ou Miguel Pardo. 

O 'Diario cultural' da Radio Galega conversou con Jorge López, un dos organizadores da festa, e con varios dos compoñentes do grupo De Ninghures, que naceu precisamente nunha das primeiras edicións da Foliada. 

O grupo De Ninghures participa este ano na Foliada da Fonsagrada
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade