Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Está entrando auga. Temos medo", o berro de auxilio dos mariñeiros do Villa de Nores

"Está entrando auga. Temos medo", o berro de auxilio dos mariñeiros do Villa de Nores

O pesqueiro, da mesma armadora que o Villa de Pitanxo, está en augas de Terra Nova cunha vía de auga

Imaxe do interior do Villa de Nores con auga
G24.gal 17/12/2022 09:34 Última actualización 17/12/2022 13:35

Os mariñeiros do Villa de Nores, pesqueiro irmán do Villa de Pitanxo, denuncian unhas condicións de seguridade pésimas no buque que está a traballar en augas de Terra Nova. O engraxador do barco confirmáballes a distintos medios que tiñan unha vía de auga, que nun primeiro momento lograron controlar pero temen que abra outra vez.

A bordo do buque hai 29 tripulantes que denuncian as condicións de inseguridade nas que se atopan.

Un deles falaba este sábado co xornal Faro de Vigo e dicía que a armadora sabe o que están vivindo e, aínda así, dinlles que sigan traballando con normalidade.

Relatan que tiveron que pechar as portas con cadeados para impedir a entrada de auga. Segundo os voceiros dos familiares das vítimas do Villa de Pitanxo a Consellería do Mar explica que Salvamento Marítimo Madrid xa se puxo en contacto co armador e que este negou calquera tipo de problema de seguridade no barco.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar