Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galiza pola Paz pide a fin da guerra nas sete cidades

Galiza pola Paz pide a fin da guerra nas sete cidades

Centos de persoas saíron ás rúas galegas pola paz e a soberanía dos pobos

G24.gal 20/03/2022 15:14

Convocados pola plataforma Galiza pola Paz, centos de persoas piden a paz e a soberanía dos pobos nas sete cidades do país. Esixen a fin da guerra en Ucraína e apoian as iniciativas diplomáticas para acabar co conflito. Suso de Toro é o voceiro da plataforma.

 Hai que desarmar a guerra, hai que armar a diplomacia e defender unha posición activa da Unión Europea e do Estado español de buscar unha saída pacífica á guerra, que ten que ser sobre un acordo estable dunha Ucraína neutral na fronteira con Rusia.

A palabra, a solidariedade e a mobilización social son as únicas armas que defenden para acabar coa guerra.

A piques de cumprirse un mes da intervención rusa, a asociación de cidadáns ucraínos residentes en Galicia volvéronse reunir na praza de María Pita na Coruña.

Aínda que vivamos en España tamén estamos preocupados, que o pobo de España saiba da nosa dor e tamén para agradecer o que nos están axudando.

Coma cada domingo cantan pola a paz e reclaman axuda para Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade