Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Iacobus Mundi' debate en Santiago as propostas dos territorios Xacobeos sobre o Camiño

'Iacobus Mundi' debate en Santiago as propostas dos territorios Xacobeos sobre o Camiño

Trátase dun encontro de representantes das cidades e dos territorios xacobeos do mundo

G24.gal 21/10/2022 13:33

Comezou hoxe en Santiago o congreso internacional 'Iacobus Mundi'. Trátase dun encontro de representantes das cidades e dos territorios xacobeos do mundo. Durante tres días van intercambiar informacións e propostas sobre o Camiño de Santiago.

Na inauguración estiveron o presidente da Xunta, o alcalde de Santiago e o arcebispo así como os reitores das universidades de Santiago e A Coruña.

Alfonso Rueda agradeceu o labor das asociacións que colaboran co Camiño e fixo votos para "manter o tirón" das peregrinacións tras este dobre Ano Santo.

O presidente da Xunta de Galicia salientou:

"A marca Xacobeo por suposto é marca Galicia pero tamén é marca España, é marca Europa, é marca colaboración e é marca Concordia; e o mundo creo que agora está especialmente necesitado de moita concordia e de moita colaboración, polo tanto, aproveitemos o Camiño de Santiago tamén para iso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar