Publicador de contidos
Publicador de contidos

'O esplendor do Camiño' percorre oito séculos de praterías e acibeches en Compostela

'O esplendor do Camiño' percorre oito séculos de praterías e acibeches en Compostela

A mostra reúne un cento de pezas destes gremios, dos máis antigos e importantes de Galicia

Pódese visitar ata setembro no Colexio de Fonseca

G24.gal 20/07/2022 19:27

O esplendor do Camiño. Oito séculos de pratería e acibeches en Compostela. Tal é o nome da mostra que xa se pode visitar en Fonseca. Ofrécenos un percorrido pola historia destes gremios, que discorre paralela á tradición xacobea e á propia cidade de Santiago.

"Absolutamente todo o que vedes aquí é feito á man", sinala Arturo Ouro, presidente de Ourives de Compostela.

E da man nos leva esta mostra pola historia destes gremios. 

"Isto leva máis de 800 anos en Compostela. É unha tradición, un oficio que coido é o máis antigo".

O comisario da exposición Fernando Martínez Vilanova apunta que reuniron un cento de pezas que van dende o século XIV ata a nosa época. 

"E o noso acibeche é un legado extraordinario. O propio material leva implícito un carácter protector coñecido con anterioridade ao mito do Apóstolo", di o comisario.

Centos de anos de peregrinos foron levando polo mundo o esplendor, o oficio destes ourives.

"Fórono transmitindo a outros talleres, a outros aprendices", subliña Arturo Ouro.

E queda a idea do futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar