O PSdeG non entrará no goberno local de Santiago
O PSdeG non entrará no goberno local de Santiago
Agárdase que a nacionalista Goretti Sanmartín goberne con Compostela Aberta
O Partido Socialista non entrará no goberno local de Santiago.
O executivo vaino liderar a nacionalista Goretti Sanmartín, que gobernará previsiblemente con Compostela Aberta.
Segundo fontes socialistas, a decisión abordouse nunha reunión mantida este luns entre a dirección galega do PSdeG, a dirección provincial e o grupo municipal.
O propio secretario xeral do PSdeG Valentín González Formoso explicou que a dirección do partido era partidaria de non entrar no goberno que capitaneará o BNG despois de quedar por diante en votos o pasado 28 de maio.
Para abordar este asunto, os socialistas e o BNG prevén manter na xornada do martes unha reunión, tal e como acordaron no encontro mantido a pasada semana entre representantes locais das dúas formacións.