Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Ponte na ondas', o programa de radio escolar, declarado Patrimonio Cultural Inmaterial

'Ponte na ondas', o programa de radio escolar, declarado Patrimonio Cultural Inmaterial

A Unesco inclúe o programa galego-portugués no seu rexistro de Boas Prácticas

G24.gal 01/12/2022 15:04

O programa de radio escolar Ponte nas ondas acaba de ser declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco. 

Nado hai 27 anos en Salvaterra do Miño, Pontevedra, para transmitir a cultura galego-portuguesa, conecta actualmente 200 centros educativos dos dous lados da raia.

A asemblea da Unesco fixo pública esta mañá en Rabat a declaración, incluída no seu Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda. O creador e impulsor do programa, Santiago Veloso, e mais o conselleiro de Educación do Goberno galego, Román Rodríguez, amosaron a súa satisfacción polo recoñecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade