Cargando resultados...
Pura Tejelo: "'Vestido de organdí' é a recuperación da dignidade"
'Vestidos de organdí' mestura referencias e diferentes culturas, mitoloxías e obras literarias con imaxes da nosa cotiandade
No poemario, unha pluralidade de voces procuran respostas sobre o ser, o tempo, a morte ou o significado da vida
O poemario está publicado por Belagua
G24.gal
25/02/2025 15:36
Última actualización 25/02/2025 16:38
Hai tempo que non sei en que cidade estou,
unha campa deserta semiurbana.
Unha xornada de traballo
convertida nun espectáculo fantasma.
Son estes versos de 'Fotografía nocturna' un dos poemas que compoñen o último poemario de Pura Tejelo, 'Vestidos de organdí'. Hoxe falamos con ela deste libro editado por Belagua.