Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca, mellor documental no Festival de Málaga

'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca, mellor documental no Festival de Málaga

Luís Zahera recibiu o premio ao mellor actor polo seu papel no filme Pájaros, de Pau Durà

Cafunè, dos directores vigueses Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo, foi premiada como mellor curta de animación

Emilio Fonseca recolle o premio ao mellor documental
G24.gal 10/03/2024 13:57 Última actualización 10/03/2024 15:02

Salvaxe, Salvaxe, de Emilio Fonseca, obtivo a Biznaga de prata ao mellor documental no Festival de Málaga. En palabras do seu director, o documental convídanos a repensar a nosa relación coa vida salvaxe nun momento de crise climática e ecolóxica.

"Queriamos abrir a reflexión de que lugar deixamos para a vida salvaxe e que tipo de vida lle deixamos. Semella que é unha capa invisibilizada que flúe polo territorio", explica Emilio Fonseca.

Luís Zahera recibiu o premio ao mellor actor polo seu papel no filme Pájaros, de Pau Durá, un galardón compartido co actor arxentino Joaquín Furriel.

Zahera imterpreta un ornitólogo afeccionado que contrata un chofer para ir ata Romanía e seguir a migración das aves, unha viaxe en que os motivos non son os que parecen. 

Na sección oficial de curtametraxes de animación, a mención especial do xurado foi para Cafuné, dos directores vigueses Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo, que xa conseguiran o mesmo galardón na anterior edición do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar