"Son inocente. Eu non faría iso", di na vista de apelación a nai da nena Desirée, asasinada en Muimenta

A defensa quere que se repita o xuízo ou que se lle recoñeza á acusada unha maior afectación das facultades mentais
As acusacións ratifícanse na petición da pena de prisión permanente revisable
Vista de apelación do caso do crime de Muimenta. A condenada de matar a pequena Desirée, a propia nai, Ana Sandamil, compareceu por videoconferencia dende a cadea e, ao rematar a sesión, declarouse inocente. Dixo que ela non faría iso.
A Fiscalía pediu a confirmación da sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, que condena a Ana Sandamil por asfixiar a súa pequena de sete anos a prisión permanente revisable.
Unha petición á que se sumou a acusación particular e a popular, exercida pola Fundación Amigos de Galicia.
Pola contra, a defensa, que foi quen presentou este recurso, quere que se anule a sentenza e que se repita o xuízo ou, no seu defecto, que se lle recoñeza á acusada unha maior afectación das facultades mentais pretendendo unha rebaixa no grao da pena.