Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unhas 10.000 persoas participan na carreira solidaria ENKI

Unhas 10.000 persoas participan na carreira solidaria ENKI

A proba promove o deporte como ferramenta de inclusión

G24.gal 15/10/2022 21:20 Última actualización 15/10/2022 22:17

A chuvia teimosa non foi obstáculo para as 10.000 persoas que completaron o percorrido de ENKI, quizais a carreira máis divertida e solidaria de cantas se celebran na Coruña.

A proba promove a visibilización das persoas con discapacidade e apoia o labor de colectivos que traballan pola inclusión da diversidade a través do deporte.

"Corre por un mundo imperfecto" foi o lema deste ano. Desde a primeira edición participar disfrazado é unha norma non escrita e, inevitablemente, enzoufarse forma parte do xogo.

A carreira ENKI  é unha cita única en Galicia. Organizada pola Fundación Abrente, nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, impulsa o respecto e a educación na diversidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade