15.000 vacinados na primeira semana da campaña conxunta da covid e da gripe
15.000 vacinados na primeira semana da campaña conxunta da covid e da gripe
500 bebés inmunizados contra o virus respiratorio sincitial
Quince mil persoas, usuarias de residencias de maiores e centros de discapacidade, recibiron as vacinas contra a covid e a gripe durante a primeira semana da campaña.
A previsión é que a vacinación nas residencias remate a mediados de outubro. Logo será a quenda dos maiores de 80 anos, nos seus centros de saúde. E, a finais de outubro, o resto da xente, nos grandes recintos de vacinación.
Hoxe en día detéctanse uns cen contaxios diarios de covid entre maiores de 60 anos, pero a maioría dos casos non requiren hospitalización.
"Isto cambiou respecto de estapas anteriores da pandemia cando había unha porcentaxe de persoas ingresadas moi superior á que temos actualmente. Insisto, dos cen casos novos diarios, a maioría están na casa, como se fose cunha gripe das que coñeciamos antes da covid".
Tamén esta semana se inmunizaron uns cincocentos meniños contra o virus respiratorio sincitial. E a partir de mañá luns citarán os nacidos desde o mes de abril.