18 centros educativos galegos participan na primeira Liga Maker Drone
18 centros educativos galegos participan na primeira Liga Maker Drone
O obxectivo é fomentar as vocacións cientifico-tecnolóxicas das novas xeracións
Animados polos seus compañeiros, os equipos seleccionados enfróntanse ao reto desta primeira Liga Maker Drone: sufocar un lume simulado cun dron deseñado e programado por eles mesmos.
Porén para chegar a esta soluciónrecibiron previamente formación específica durante sete meses. Nese tempo foron quen de idear, deseñar e programar un dron con capacidade de recoller auga, transportala e acceder a un andar dun inmoble cun lume simulado para contribuir na súa extinción no menor tempo posible.
Moito traballo por detrás e moita valentía por diante, sobre todo dos que se puxeron ao mando. Todos eles foron avaliados por un xurado especializado e, malia que foron cinco os equipos premiados, desde a organización destacan que gañar, gañaron todos porque este programa axudoulles a desenvolver e descubrir o seu talento.