Publicador de contidos
Publicador de contidos

20 anos dos Mestre Mateo e da Academia Galega do Audiovisual

20 anos dos Mestre Mateo e da Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual naceu no 2002, presidida polo finado Ernesto Chao

A XX gala dos Mestre Mateo poñerá o foco na historia dos premios

Será a primeira gala organizada polo novo presidente da Academia, Álvaro Pérez Becerra

G24.gal 18/03/2022 13:08

O 7 de xuño de 2003 celebrouse no Auditorio de Galicia de Santiago a primeira edición dos Mestre Mateo, que tivo como pelicula gañadora Os luns ao sol de Fernando León de Aranoa. Unha gala organizada por unha recén nacida Academia Galega do Audiovisual con Ernesto Chao como presidente e Ángel de la Cruz como vicepresidente, entre outros profesionais.

Estamos na véspera dun dos días máis emocionantes e esperados polo sector audiovisual galego, que é a celebración da gala dos Mestre Mateo. Á emoción de todos os anos súmaselle a celebración do vixésimo aniversario dos premios, e un sector que pouco a pouco comeza a saír da crise sanitaria. É ademais a primeira gala que enfronta a nova directiva, con Álvaro Pérez Becerra á cabeza.

No Diario Cultural da Radio Galega celebraron os 20 anos da Academia co presidente actual e con un membro da primeira directiva, o director e guionista Ángel de la Cruz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade