O 2022 foi o ano en que se emitiron máis compostelas da historia
O 2022 foi o ano en que se emitiron máis compostelas da historia
Máis de 437.000 obtiveron a acreditación
No Palas de Rei desta fin de semana apenas se recoñece a imaxe da vila no verán, chea de xente que atravesa e para nesta localidade no seu camiñar a Santiago.
Os máis dos aloxamentos e comercios orientados á peregrinación están pechados. Pero esta mesma calma e este mesmo baleiro tamén son o aliciente para as persoas que escollen estas datas para facer o Camiño.
Eric é de Ohaio. Precisamente os Estados Unidos, xunto con Portugal, Alemaña e Italia son os países que aportan máis peregrinos ao Camiño. O 45 % das persoas que obteñen a compostela son estranxeiras, como este rapaz mexicano, que empezou a súa peregrinaxe en Sarria.
Máis da metade opta polo Camiño Francés, seguido do Portugués e da vía variante pola costa e do Primitivo.
As máis de 437.000 compostelas que se emitiron no 2.022 certifican que este ano foi o que máis peregrinos houbo na historia, unha marca que supón un reto para o novo Xacobeo, que se celebrará no 2027.