Cargando resultados...
A declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade fai 22 anos
A declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade fai 22 anos
O recoñecemento foi un fito histórico que deu lugar á celebración do Arde Lucus
Asociacións de romanos e castrexos participaron no acto conmemorativo
G24.gal
27/11/2022 14:47
Última actualización 27/11/2022 15:05
As tropas romanas volven patrullar na contorna da muralla de Lugo para conmemorar o 22 aniversario da declaración deste monumento como Patrimonio da Humanidade.
Supuxo o recoñecemento internacional da capital lucense e inspirou a celebración do Arde Lucus. A presenza das agrupacións de recreación histórica é obrigada nunha data que supuxo a máxima distinción para a muralla lucense.
A choiva impediu o desfile pola estrutura defensiva romana, pero non a celebración dun aniversario de gran transcendencia na cidade.