24 detidos por unha estafa bancaria en liña de 350.000 euros
24 detidos por unha estafa bancaria en liña de 350.000 euros
O grupo estaba liderado por un menor que creaba as ferramentas informáticas da fraude
En total foron estafados 200 clientes de diferentes entidades
A Policía Nacional desarticulou unha organización criminal que, facéndose pasar por 18 entidades bancarias, estafou preto de 350.000 euros a 200 clientes. En total hai 24 detidos en Cádiz, Málaga e Barcelona. O grupo estaba liderado por un menor que creaba as ferramentas informáticas da estafa.
Os clientes recibían unha mensaxe no seu teléfono que os dirixía a unha web falsa moi similar á do seu banco. Alí captaban os datos das contas e despois chamábanos por teléfono facéndose pasar por empregados da entidade. Pedíanlles os códigos de verificación e facían transaccións fraudulentas ou sacábanlles directamente os cartos nos caixeiros.
Os delincuentes tiñan no seu poder listados de datos de cen mil persoas. A Policía Nacional alerta do aumento de estafas cibernéticas e insiste en que non se faciliten datos nin información bancaria ante chamadas ou mensaxes telefónicas.