Publicador de contidos
Publicador de contidos

30 anos do crime no Cash Récord do Ceao, un crime sen resolver

30 anos do crime no Cash Récord do Ceao, un crime sen resolver

Unha ou dúas persoas entraron no almacén e mataron a tiros dous traballadores do supermercado

G24.gal 30/04/2024 16:12

Un día como o de hoxe de hai 30 anos Elena López e Esteban Carballedo recibiron varios disparos mentres estaban traballando no almacén deste supermercado do Ceao en Lugo. Un ou dous atracadores entraron no local, levaron máis de tres millóns e medio das antigas pesetas e acabaron coa vida dos dous empregados. Elena era caixeira, tiña 32 anos e dous fillos; Esteban, de 26, era repoñedor. A arma coa que se cometeu o crime nunca foi localizada, os asasinatos nunca aclarados.

O único sospeitoso, Manuel Juan Alvariño, hostaleiro de Burgos que daquela rexentaba un bar en Lugo onde presuntamente se vendían drogas e armas xulgárono en 2023. Foi 29 anos despois e grazas á loita incansable e persistente das familias. Falabamos con elas o ano pasado cando souberon que Alvariño sentaría no banco dos acusados. 

Porén e malia que estaban convencidas de que era o sospeitoso correcto, quedou absolto por falta de probas. Tamén malia que a sentenza recoñeceu o esforzo da acusación para completar unha investigación "claramente deficiente". Tres décadas despois o crime segue sen resolverse, o caso quedou impune. Elena e Esteban seguen sen ter xustiza, teñen, porén, o recordo colectivo da cidade de Lugo.      

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade