Publicador de contidos
Publicador de contidos

Absolto o único procesado polo crime do Cash Record en Lugo

Absolto o único procesado polo crime do Cash Record en Lugo

Non hai probas para concluír que foi o autor da morte de Elena López e Esteban Carballedo

Non se atopou a arma do dobre crime nin proxectís idénticos aos que causaron a morte

As familias dos dous asasinados recorrerán ao Supremo segundo confirmou a súa avogada

G24.gal 03/03/2023 09:53

O único procesado polo dobre crime do Cash Record, ocorrido no polígono do Ceao en Lugo, foi absolto pola Audiencia Provincial de Lugo. Os maxistrados din que as probas non so suficientes.

"As sospeitas, como sinala o Tribunal Supremo, non chegan á condición de indicios, porque moitas delas teñen outra explicación diferente á que pretende darse, e nin sequera no seu conxunto poden apuntar de maneira indubitada, tal e como esixe unha resolución penal, ao procesado como autor dos feitos polos que se lle xulga".

Dende o tribunal din que non se xulga a persoa, nin o seu modo de vida.

"Non se xulga aquí a persoa do procesado, nin o tipo de vida que levaba, nin sequera se era un home que vivía de costas á lei, senón se ese día entrou en Cash Record, matou a Elena e Esteban, e apoderouse da cuantiosa recadación, e hai que concluír que non existe proba suficiente que o sitúe o día dos feitos no lugar do crime, e en consecuencia ha de ditarse unha Sentenza absolutoria"

O fiscal mantivo no xuízo a súa postura inicial e non exerceu a acusación contra o único procesado, "porque non había indicios suficientes para destruír a presunción de inocencia". 

As familias dos dous asasinados recorrerán ao Supremo 

A resolución non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo. De feito as familias das vítimas xa anunciaron que o van facer, afirma a avogada que exerceu a acusación particular, Carmen Balfagón. 

"Imos esgotar todas as instancias ao noso alcance. Se este xuízo se celebrara no seu momento e se fixera unha instrución adecuada, non estariamos na situación en que estamos”, engadiu Balfagón.
 

O único acusado queda absolto do crime que conmocionou a sociedade lucense o 30 de abril de 1994, hai case trinta anos, no polígono do Ceao. Aquel día faleceron, tras ser tiroteados, unha caixeira e un repoñedor do establecemento. O asasino levou a daquela cuantiosa recadación próxima a 3.777.026 pesetas, hoxe uns unos 22.200 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade