Os familiares das vítimas do crime do Cash Récord agardan unha sentenza reparadora
Os familiares das vítimas do crime do Cash Récord agardan unha sentenza reparadora
O xuízo do dobre crime de Lugo quedou visto para sentenza
Case trinta anos despois do crime a ferida segue aberta. Dende aquela non houbo un só día no que Isabel López e Veli Sánchez, irmá e cuñada respectivamente da caixeira e do repoñedor asasinados, non dedicasen boa parte dos seus pensamentos a darlle voltas ao dobre crime.
O asasino acabou coa vida e os soños de Esteban Carballedo, de 26 anos; e tamén levou por diante a vida e o futuro de Isabel cos seus fillos. Tiña 32 anos.
Sexa cal sexa a sentenza nunca se reparará o dano, pero sentar a Manuel Vilariño Casanova no banco dos acusados é un logro.
Para que se celebrase o xuízo foi imprescindible o labor e a persistencia do seu avogado.
Pardo de Vera forma equipo de defensa coa criminóloga e avogada Carmen Balfagón.
Espérase que a sentenza sexa pública en poucos días.