Cargando resultados...
Máis de 3.000 estranxeiros residentes en Galicia obtiveron a nacionalidade española en 2021
Máis de 3.000 estranxeiros residentes en Galicia obtiveron a nacionalidade española en 2021
Son un 36 % máis ca o ano anterior e a maior cifra en sete anos
G24.gal
03/06/2022 21:04
Ata 145.000 estranxeiros obtiveron a nacionalidade española o ano pasado. Son un 14 % máis que en 2020.
Esta porcentaxe case se duplica en Galicia. Obtiveron a nacionalidade máis de 3.000 estranxeiros residentes na comunidade, unha cifra que non se superaba desde 2015. Son un 36 % máis que o ano anterior, segundo o Instituto Nacional de Estatística.
Os principais países de orixe dos novos nacionalizados son Venezuela, República Dominicana, O Brasil, Cuba, Marrocos e Colombia. A maioría, máis de 1.200, establecéronse na provincia da Coruña, 889 residen na de Pontevedra, 516 en Lugo e 432 en Ourense.