Publicador de contidos
Publicador de contidos

40 anos da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

40 anos da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

A Mostra celebra o seu 40 aniversario con case 50 eventos durante 14 días.

Cangas acollerá teatro, danza, coloquios, presentacións e exposicións, todo arredor das artes escénicas e o humor.

Unha exposición na entrada do Auditorio Municipal percorre de maneira gráfica os carteis que deron vida a esta Mostra que celebra os seus 40 anos.

G24.gal 25/06/2023 21:00 Última actualización 25/06/2023 21:12

A súa inauguración é este domingo á noite e o seu pregoeiro será o actor, Lois Soaxe.

Unha exposición situada na entrada do Auditorio Municipal de Cangas recolle a historia gráfica desta Mostra ao longo dos seus 40 anos. Dende o primeiro cartel alá polo ano 1984 ata o actual.

Serán catorce días e preto de 50 eventos os que amenizarán durante quince días os diferentes lugares polos que se espallarán as obras. Teatro en sala pero tamén actuacións de danza e música nas rúas e prazas desta localidade.

A mostra arranca este domingo cunha estrea absoluta dirixida polo actor galego, Cándido Pazó, unha comedia como eles chaman "denegrida" do director de cine e dramaturgo inglés Martin McDonagh en clave de humor sobre o racismo e a xenofobia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade