Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro mil quilómetros en bicicleta dende Dakar a Pereiro de Aguiar

Catro mil quilómetros en bicicleta dende Dakar a Pereiro de Aguiar

G24.gal 26/05/2024 20:43

Unha viaxe en bicicleta de nada menos que 4.000 quilómetros dende Dakar a Pereiro de Aguiar. É a última aventura dun ciclista, Alfonso Junco, empeñado en dar a coñecer o concello no que reside por boa parte do mundo. Xa fixera milleiros de quilómetros por España e Europa, África foi agora o seu último destino. 

"A sensación que teño do que vivín é a dunha aventura con maiúsculas".

Case acabado de chegar, Alfonso repasa as fotos e vídeos desta última aventura que comezou hai un mes en Dakar. Foron 31 etapas, 4000 quilómetros por Senegal, Mauritania, Marrocos, o Estreito e a Vía da Prata ata chegar  de volta O Pereiro. 

"O máis duro foi o Sáhara, con diferenza, pola monotonía, a constancia, a area e o vento en contra".

Arrancaba de noite e pasaba entre sete e once horas ao día subido na súa bici.

"Esqueces un pouco todos eses perigos, entre aspas, que existen e que eu non os percibín como tales, pero que están".

Xa percorrera España e Europa na súa bicicleta, o ano pasado dende Istambul ata o Pereiro. Quere que estas viaxes axuden a dar a coñecer por boa parte do mundo o concello en que reside coa súa familia. 

"É ademais onde adestro sempre para facer estas grandes aventuras".

Di que os anos van pesando e que agora mesmo non se atreve a pensar nun novo destino, pero semella que aínda queda algunha aventura pendente.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade