Publicador de contidos
Publicador de contidos

5.000 traballadoras do mar beneficiaranse da xubilación anticipada

5.000 traballadoras do mar beneficiaranse da xubilación anticipada

A medida afecta redeiras, percebeiras e mariscadoras, que poderían retirarse con case catro anos de antelación

G24.gal 18/05/2022 19:06 Última actualización 18/05/2022 19:30

Unhas 3.000 mulleres e 2.000 homes vanse beneficiar do adianto na idade de xubilación previsto na nova Lei de pesca sostible aprobada polo Goberno. A medida inclúe un coeficiente redutor do 0,15, que supón retirarse con case catro anos de antelación.

Afecta sobre todo traballadoras autónomas, que son redeiras, percebeiras e mariscadoras. A Asociación Galega de Traballadores Autónomos do Mar reclama tamén a revisión do catálogo de enfermidades profesionais destes colectivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade