53 detidos nunha trama que amañaba partidos e estafaba casas de apostas
53 detidos nunha trama que amañaba partidos e estafaba casas de apostas
Lograron beneficios superiores aos 80 millóns de euros
Os detidos son persoas novas e sen recursos que facilitaban todos seus datos de identidade a cambio de cartos.
Con eles, os lideres da trama crearon máis de mil cincocentas contas en casas de apostas en liña.
Para obter beneficios utilizaban diferentes métodos. Un deles era amañar os resultados dos partidos cos propios xogadores.
Outro era moito máis sofisticado. Interceptaban sinais vía satélite de competicións de todo o mundo e coñecían os resultados antes de que chegaran ás casas de apostas.
Segundo os investigadores, lograron obter beneficios superiores aos 80 millóns de euros, levando a estafa por máis de vinte países.
Estes 53 detidos forman parte dunha segunda fase da operación. En 2020 xa detiveran outras 20 persoas en distintas provincias de España relacionadas coa trama que a policía dá agora por desartellada.