Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos seis afeccionados da U. D. Ourense por agredir un traballador da hostalería

Detidos seis afeccionados da U. D. Ourense por agredir un traballador da hostalería

A policía explica que estes membros do grupo ultra Ouligan protagonizaron a agresión por "motivos ideolóxicos"

G24.gal 27/02/2024 15:55 Última actualización 27/02/2024 16:22

Seis homes vinculados pola Policía Nacional a un grupo ultra da cidade de Ourense foron detidos por agredir un traballador do sector da hostalería por "motivos ideolóxicos".

Nun comunicado, a Policía Nacional explica este martes que os feitos se remontan á madrugada do 3 de xuño de 2023, cando un grupo de persoas encapuchadas agrediron un home na praza do Ferro.

Segundo a Policía, tras meses de investigación foron identificados os seis responsables deste episodio, que son "integrantes dunha coñecida pena deportiva composta por seareiros radicais da Unión Deportiva Ourense chamada Ouligans, concretamente a unha facción da mesma denominada Ouligans Vandal Crew".

Os investigadores sosteñen que a agresión "puido estar orixinada por motivos ideolóxicos" e non se produciu "de forma casual", senón que fora "planificada" polos seus autores "pola suposta vinculación ou pertenza da vítima a grupos ou ideoloxía de extrema dereita". O grupo, continúa o relato policial, convocou aos seus integrantes "que estivesen dispostos a arrasar", é dicir, "a levar a cabo a acción", que consistiu en achegarse por detrás á suposta vítima despois de "increpalo en dúas ocasións, buscando a provocación para que o feito parecese ser un altercado espontáneo ou casual".

Segundo a Policía, os agresores "pretendían que a vítima tivese claro" que a agresión, que lle provocou "feridas graves no corpo e a cabeza", "estaba motivada pola súa presunta ideoloxía nazi".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade