70 concellos galegos xa se viron obrigados a aplicar restricións pola seca
70 concellos galegos xa se viron obrigados a aplicar restricións pola seca
En Malpica, a auga da traída non é apta para o consumo polo baixo nivel do río
En Ribadavia só teñen auga da traída 4 horas e media ao día
Os encoros galegos en mínimos pola peor seca da serie histórica en Galicia
Os camións cisterna énchense sen descanso no río Avia para abastecer a poboación de Ribadavia.
En Malpica, o baixo nivel do río provocou que a auga da traída non sexa apta para o consumo.
A alternativa é ir á fonte. En Ribadavia só teñen auga da billa catro horas e media ao día. O Maquiáns, o río do que se abastece a traída, está practicamente seco. Os veciños non lembran unha situación semellante.
O concello declarou o plan de emerxencia e a alerta por seca. Ademais dos camións cisterna, reparten auga para uso doméstico e auga embotellada.
En Malpica tamén reparten auga en dependencias municipais. O Concello agarda que o río recupere caudal coa chuvia prevista para os próximos días.
Son os problemas da seca, que afecta por igual un concello da Costa da Morte e outro de Ourense. 70 concellos galegos xa se viron obrigados a aplicar restricións.