A ABAU de 2024 celebrarase do 4 ao 6 de xuño
A ABAU de 2024 celebrarase do 4 ao 6 de xuño
A convocatoria extraordiaria será do 2 ao 4 de xullo
As probas de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade, ABAU, celebraranse o próximo ano do 4 ao 6 de xuño na convocatoria ordinaria e un mes despois, do 2 ao 4 de xullo, na convocatoria extraordinaria.
Segundo informou este venres a Comisión Interuniversitaria de Galicia, o adianto da convocatoria extraordinaria á primeira semana de xullo permitirá a quen acuda a ela presentar a súa solicitude de preinscrición nos distintos graos ofertados no Sistema Universitario de Galicia entre o 18 e o 22 de xullo, xa coa cualificacións definitivas e sen estar pendentes de reclamacións.
A CIUG, nun comunicado, destaca o "grande esforzo" que está a realizar para "poder desenvolver as probas en tres xornadas", nun momento de moitos cambios nas probas de acceso, tanto nos futuros modelos de exame como no currículo, ademais da implantación de novas materias en segundo de bacharelato.