A acción dunha socorrista foi vital para un accidentado no mar no Grove
A acción dunha socorrista foi vital para un accidentado no mar no Grove
A vítima, un septuaxenario que practicaba paddel surf
Unha socorrista avistouno cando estaba inconsciente boca a baixo na auga
Un home duns setenta anos foi rescatado da auga a piques de entrar en parada cardiorrespiratoria grazas á intervención dunha socorrista que nese momento estaba de servizo nesta praia do Grove.
A vítima, duns 70 anos, andaba a practicar paddel surf e a socorrista viuno que estaba boca a baixo na auga. Pediu a axuda do persoal de Urxencias e botouse a auga para alcanzar o home, que sufría un esvaecemento.
Axiña chegou a lancha de Emerxencias e trasladárono ao posto de socorro onde lle efectuaron os primeiros auxilios e insufláronlle osíxeno. Ao lugar desprazáronse medios do 061, entre eles unha ambulancia medicalizada e trasladaron a vítima, xa consciente, ao hospital.
Por sorte, no momento do accidente había socorrista en Raeiros, circunstancia que non se daba por exemplo esta mañá e que, segundo nos contaron os bañistas, é un servizo do que non dispoñen aquí todos os días.