Publicador de contidos
Publicador de contidos

A acusada de roubar un bebé no Hospital de Basurto recoñece os feitos e pide perdón aos pais

A acusada de roubar un bebé no Hospital de Basurto recoñece os feitos e pide perdón aos pais

A Fiscalía pide para a acusada 4 anos de prisión por un delito de detención ilegal

G24.gal 14/05/2024 14:37

As cámaras do hospital de Basurto captaban a imaxe hai ano e medio, en outubro de 2022. É a muller que vestida de sanitaria e coa escusa de facerlle unha proba levara un neno acabado de nacer do cuarto da nai, na unidade de maternidade. 

Por estes feitos sentou no banco dos acusados na Audiencia de Biscaia, onde só respondeu o seu avogado. Recoñeceu os feitos e pediu perdón aos pais. "Por favor quería pedir perdón á nai do bebé. Por favor que o sinto aos pais, que non era a miña intención", dicía a acusada ao arranque do xuízo.

Eles relataron entre bágoas o sufrimento das 12 horas en que non souberon nada de Aimar, o seu fillo que a acusada deixou ao día seguinte no felpudo dunha vivenda.

Na sala o pai explicou que estivo un ano en tratamento psiquiátrico e a súa muller que segue de baixa, con problemas para durmir.

A Fiscalía pide para a acusada 4 anos de prisión por un delito de detención ilegal, coa agravante de vítima vulnerable e unha atenuante por devolver o bebé en menos de tres días.

A acusación particular que representa os pais ve nos feitos un delito de secuestro de menor e de abandono, e eleva a petición de cárcere a sete anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade