Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aldea modelo de Reboredo, no Pereiro de Aguiar, recupera 15 hectáreas para a produción de carne de vacún

A aldea modelo de Reboredo, no Pereiro de Aguiar, recupera 15 hectáreas para a produción de carne de vacún

Agrupa máis de 15 hectáreas de terras en desuso pertencentes a 95 propietarios. 

A Consellería do Medio Rural declarou ata o momento 21 aldeas modelo, 14 delas na provincia de Ourense.

G24.gal 12/02/2023 20:57 Última actualización 12/02/2023 21:12

O proxecto da denominada aldea modelo de Reboredo, no concello do Pereiro de Aguiar, agrupa máis de 15 hectáreas de terras en desuso pertencentes a 95 propietarios. A metade desa superficie foi arrendada por unha explotación gandeira de vacún de carne, que dispón así das terras necesarias para producir. 

"Temos gandeiros mozos, temos xente que quere traballar neste ámbito e témoslles que dar base territorial, este é un dos obxectivos das aldeas modelo", asegura José González, conselleiro do Medio Rural.

A de Reboredo foi a primeira en acoller un obradoiro de emprego, que acometeu a recuperación urbanística da aldea.

“Recuperación gandeira, prevención de incendios e sobre todo recuperación urbanística e gañar poboación. Esta aldea gañou poboación”, asegura Luis Menor, alcalde do Pereiro de Aguiar.

A Consellería do Medio Rural declarou ata o momento 21 aldeas modelo, 14 delas na provincia de Ourense, que mobilizaron máis de 570 hectáreas de superficie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar