A alta velocidade chega a Asturias tras case vinte anos de obras

Madrid e Oviedo quedarán enlazadas por tren en 3 horas e 39 minutos

G24.gal 29/11/2023 15:00

Os 50 quilómetros da variante de Pajares permiten xa enlazar Madrid con Oviedo en 3 horas e 39 minutos. Cando cheguen a Asturias os trens Avril, o percorrido durará dúas horas e 43 minutos. Uns trens polos que tamén agarda Galicia.

As obras desta variante, que custou 4.000 millóns de euros, comezaran xa en 2004. Con estas baixadas de tempo, aos veciños da Mariña compénsalles máis viaxar a Madrid dende Asturias que dende Galicia. Falan de falta de investimento na Mariña. Tamén nos concellos do occidente asturiano piden melloras nas comunicacións. 

Máis do 80 % do treito da variante de Pajares discorre en túneles, un deles ten 25 quilómetros, o que o converte no sétimo máis longo do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade