A anada da D. O. Rías Baixas de 2022 cualificada de moi boa
A anada da D. O. Rías Baixas de 2022 cualificada de moi boa
Os expertos e o Consello Regulador consideran que roza a excelencia
A Denominación de Orixe Rías Baixas presentou en Madrid a anada de 2022. Obtivo a cualificación de moi boa.
É o resultado dunha colleita de uva que medrou cun tempo cálido e seco e que acabou de madurar con altas temperaturas. Son uns viños de maior gradación e con aromas de froitas de óso que rozan a excelencia, segundo os expertos.
"Entendían que a anada tiña características de excelente pero que a excelencia hai que reservala, dentro do rigor que sempre mantemos, para eses viños que teñen esa especie de plus para o consumidor", asegurou Ramón Huidobro, secretario xeral da D. O. Rías Baixas.
Este evento é un dos maís importantes do ano para este consello regulador e pon fin ao traballo nas terras e nas adegas de todo un ano.
Este xoves haberá unha cata nun hotel de Madrid, en sesións de mañá e tarde, no que se poderán probar os viños. Nela participan 79 marcas da Denominación de Orixe Rías baixas, pertencentes a 44 adegas.