Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aplicacion do Sergas permite agora chamar ao 061 e xeolocalizar a chamada

A aplicacion do Sergas permite agora chamar ao 061 e xeolocalizar a chamada

A nova función da app Sergas Móbil axuda a que os servizos médicos poidan atopar con maior precisión o lugar da emerxencia

G24.gal 15/01/2023 14:48 Última actualización 15/01/2023 15:11

Cando se produce un sinistro ou un accidente, a rapidez de actuación dos servizos de emerxencia depende en gran medida de coñecer con exactitude o lugar onde aconteceu. Pero moitas veces o nerviosismo das vítimas ou a confusión na toponimia poden provocar a perda duns minutos moi valiosos.

Para mellorar esa resposta, a aplicación telefónica do Sergas vén de incorporar a posibilidade de contactar directamente co 061 e xeolocalizar a chamada.

"Xente que está practicando deportes como sendeirismo, parapente... non son quen de precisar onde están e onde lles pasou a urxencia. Coa xeolocalización que nos chegará ao momento dende a aplicación do Sergas móbil si que sabemos exactamente onde está o lugar da incidencia e podemos mandar aí os recursos", explica Adriana Regueira, directora da fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Esta nova función resulta ademais de moita utilidade en emerxencias, nas que a rapidez na resposta é de vital importancia, como en infartos, ictus ou traumatismos severos.

"Isto vai na estratexia do Sergas de potenciar as novas tecnoloxías na asistencia dos pacientes. Así xa temos dende hai anos a historia clínica electrónica, que é única e pioneira en España", comenta a directora do 061.

Para dispor desta nova utilidade só hai que actualizar a aplicación Sergas Móbil e introducir o número de teléfono para autorizar a xeolocalización en caso de emerxencia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade